Nestas lembranzas
que me lembran,
coma un gusano de seda,
viaxando polo espacio,
entre ese montón de estrelas
que collo a puñados,
co meu cazacometas de xeo.
Nubes de Magallanes e
Orión,
alén da miña man roubada,
nesta pizarra que vexo
dende os meus pes
que voan,
gravitan,
coma un gusano de seda
en medio das
luces cóSmicas.