Ferrolterráqueo foi una nova palabra creada ala polo ano 2000 ou antes, (que non de Cristo) cando facía un programa na emisora Radio Kaos, chamado "Manchita Cosa" acompañado de Jesús García (Suso Suciedade), na radio universitaria de Serantes, que se utilizaba para saudar os oíntes, e tamén en diferentes cuñas. Posteriormente tamén foi utilizada nun programa de Radio Fene que se chamaba " . e principio", en cuñas e normalmente no saúdo inicial e desenrolo do programa.
A aclaración a fago porque posteriormente parece ser que a palabra polo que sexa, foi tamén utilizada noutros programas e emisoras, e poidera ser que collera algo de "lume".
Mais tarde decidín conservala palabra nun blog chamado Ferrolterráque@s, para dunha forma englobar a todo o xénero e número de persoas nadas, aterriz@d@s e @terr@d@s en Ferrol, o que por circunstancias personais tiñan que voar outros satélites terrestres e desenrolar a súa vida.
O término e idea de tal palabro foi miña, e por iso quero deixar constancia aínda que non me importa que sexa utilizada noutros blogs ou donde sexa, porque as palabras terminan por universalizarse, e ista dalgunha forma tiña ese propósito en si mesma, aínda que non dunha mañeira premeditada. Iso si penso que non estaría de mais mencionar a orixe si se utiliza sobre todo noutros blogs de forma prestada, sobre todo si existe outro orixinal coma este. Sería de lóxica mención e agradecer.
Aclarado o término e orixe do palabro, tan so saúdar a tódolos Ferrolterráque@s : comúns e no comúns de maior exponente.
Pablo.FeRRolteRRáqueo